Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2023

Obradoiro de romance e toponimia con Alba María

Imaxe
Este xoves 28 de setembro tivemos unha visita moi especial en 1º da ESO A: botamos as dúas últimas horas da xornada nun obradoiro sobre a toponimia (os nomes de lugar) da nosa zona e o romance, coa profesora de galego, regueifeira e investigadora da tradición oral e musical Alba María. Xogamos un bingo de topónimos e aprendimos cousas insospeitadas sobre os significados dos nomes de lugares e parroquias, e fixemos un romance colectivo! Cunha protagonista moi especial, Pepiña das Pradeiras. Proximamente teremos o mesmo obradoiro no resto dos primeiros e nos terceiros tamén.  

Arrincamos!

 Ola! Este é o blog do Equipo de Dinamización Lingüística do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia. Neste espazo iremos compartindo as diferentes actividades e proxectos do equipo, difundindo os materiais que elaboremos e interactuando coa comunidade (familias, profesorado, alumnado, colectivos, asociacións, outros axentes do noso Concello...) Neste día de san Miguel, 29 de setembro do 2023 (" San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras"), con caloriña e ganas de fin de semana (pero tamén de pórnos a traballar na dinamización da lingua)... Arrincamos!