Arrincamos!
Ola! Este é o blog do Equipo de Dinamización Lingüística do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia.
Neste espazo iremos compartindo as diferentes actividades e proxectos do equipo, difundindo os materiais que elaboremos e interactuando coa comunidade (familias, profesorado, alumnado, colectivos, asociacións, outros axentes do noso Concello...)
Neste día de san Miguel, 29 de setembro do 2023 ("San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras"), con caloriña e ganas de fin de semana (pero tamén de pórnos a traballar na dinamización da lingua)... Arrincamos!
Comentarios
Publicar un comentario