Publicacións

En Barrantes tamén se fala (galego)!

Imaxe
Desde o CPI Julia Becerra Malvar sumámonos á campaña #aquítaménsefala , que tanto está a dar que falar nas redes. Trátase dun proxecto impulsado polo alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña, que procura dignificar a lingua alí onde é falada, ben como fomentar o seu uso e botar abaixo os vellos prexuízos que sobre ela recaen. Na pasada cuarta feira un grupo de alumnas de 4º da ESO e mais a coordinadora do Equipo de Dinamización saímos á rúa para colar os cartaces correspondentes ao noso centro nos comercios e bares da vila --e en todos eles a idea foi máis que ben recibida! Para alén diso, andamos a difundir o Entroido galego, declarado patrimonio da humanidade, nas instalacións do centro, e a visibilizar as mulleres que (tamén) fixeron ciencia. Velaquí algunhas fotos do traballo da semana!  

Entrega de premios do concurso de epitafios!

Imaxe
Na sexta feira 1 de decembro, desde o Equipo de Dinamización fixemos entrega dos premios do concurso de epitafios do Samaín. O primeiro deles foi para Sara Masquine e o segundo, para Jara González, ambas alumnas de 1º ESO C. Os galardóns consistiron nun vale de 30 euros e noutro de 15, ambos destinados a comprar no comercio local. Aplauso para as gañadoras!

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Imaxe
Na sexta-feira pasada, xornada previa ao 25N, celebramos no CPI o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Durante os días previos despregamos un iceberg para visibilizar as violencias, e es alumnes xogaron un Kahoot feminista a partir dos códigos QR que desde Dinamización colamos na cortiza da entrada do edificio de secundaria. Xa no día 24, saímos ao patio nas últimas horas para lermos un manifesto e para danzarmos unhas músicas antipatriarcais. Alén diso, Carla de 4º ESO A cantou para todes o tema Matriarcas , de Guadi Galego.  Aquí van algunhas das fotos dese día e mais o texto base do noso manifesto:   " O machismo fundaméntase na idea de que un pode facer co resto de corpos o que un quere. Pode sometelos, abusar deles. Violalos. O machismo é violencia, abuso e dominio. O capitalismo baséase tamén nunha idea de dominio. Son discursos irmáns. O capitalismo é a produción en masa e a gran escala, é a acumulación de riquezas para unha sociedade que no...

Concurso de epitafios. Quentando motores para o Samaín!

Imaxe
Desde o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos este ano un concurso de epitafios. Os epitafios son inscricións nunha tumba en memoria da persoa defunta. Como sabemos que a morte pode dar bastante medo, decidimos abordar o asunto desde a comicidade. Os textos que enviardes deberán estar escritos en galego, ser orixinais e humorísticos, de creación propia, e non resultar ofensivos contra colectivos minorizados. Podedes participar todes es alumnes, independentemente do voso nivel educativo (iso si, a participación é individual!). Tendes de prazo para nolos enviardes do 20 de outubro ao 6 de novembro.   

Estreamos Ivoox e Instagram!

 Ola de novo! Imos espallándonos pola rede e xa creamos conta de Ivoox, para difundir contidos sonoros (coma este primeiro romance colectivo, " Pepiña das Pradeiras ", realizado por 1º A), e a nosa conta de Instagram ! Escoitádenos e seguídenos!

Obradoiro de romance e toponimia con Alba María

Imaxe
Este xoves 28 de setembro tivemos unha visita moi especial en 1º da ESO A: botamos as dúas últimas horas da xornada nun obradoiro sobre a toponimia (os nomes de lugar) da nosa zona e o romance, coa profesora de galego, regueifeira e investigadora da tradición oral e musical Alba María. Xogamos un bingo de topónimos e aprendimos cousas insospeitadas sobre os significados dos nomes de lugares e parroquias, e fixemos un romance colectivo! Cunha protagonista moi especial, Pepiña das Pradeiras. Proximamente teremos o mesmo obradoiro no resto dos primeiros e nos terceiros tamén.  

Arrincamos!

 Ola! Este é o blog do Equipo de Dinamización Lingüística do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia. Neste espazo iremos compartindo as diferentes actividades e proxectos do equipo, difundindo os materiais que elaboremos e interactuando coa comunidade (familias, profesorado, alumnado, colectivos, asociacións, outros axentes do noso Concello...) Neste día de san Miguel, 29 de setembro do 2023 (" San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras"), con caloriña e ganas de fin de semana (pero tamén de pórnos a traballar na dinamización da lingua)... Arrincamos!